Servizo:
Data Inicio:
Data Fin:
Texto:
Data Titular Texto Servizo
31/08/2026 As Concellerías de Deportes e Cultura informan dos prazos de inscricións nas escolas municipais de Fene.
As citas poderán solicitarse a partir do 7 de setembro e o prazo de matrícula presencial estará aberto do 10 ao 17 de setembro. Será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. Para solicitar CITA PREVIA temos que ter en conta os seguintes prazos: Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 7 e 8 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas Poboación en xeral: 9 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812 O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 10 ao 17 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade. Cada persoa que acuda facer o trámite -con cita previa- poderá anotar aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis. Desde o concello recordan que, unha vez comece o curso, só se admitirán novas matrículas se hai prazas libres en cada disciplina ou se se producisen baixas. Compartimos nesta nova a normativa de matriculación 26/27 con toda a información sobre as escolas e obradoiros deportivos e culturais repartidos polos pavillóns, Casa da Cultura, a piscina e outras instalacións municipais así como as prazas libres nas escolas ofertadas.
Ver +
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707