Servizo:
Data Inicio:
Data Fin:
Texto:
Data Titular Texto Servizo
18/06/2026 ANUNCIO APERTURA PISCINA
O Concello de Fene informa de que unha vez solucionada a avería que obrigou a pechar a piscina municipal de Centieiras dende o día 23 de maio, esta volve estar operativa e abrirá as súas portas co horario habitual o día 19 de xuño (venres). A alumnado das escolas de adultos poderá comezar novamente na súa escola o mesmo día 19 ata o 30 de xuño, dando por finalizados os cursos de nenos e nenas como estaba previsto na normativa de matriculación. Asemade informamos de que: O alumnado das escolas de natación para bebés terá a festa de clausura o día 20 (sábado) no propio horario da escola e poderán estar acompañados de 2 persoas adultas. O alumnado de primeira infancia, iniciación e perfeccionamento infantil e perfeccionamento xuvenil terá a festa de clausura o día 27 de xuño (sábado). O Concello continuará informando nos vindeiros días das decisións que se tomen no que respecta a devolucións de cotas ou compensación das mesmas. Pedimos disculpas polas molestias ocasionadas e agradecemos a súa comprensión.
DEPORTES Ver +
18/06/2026 INFORMACIÓN: FESTAS ACUÁTICAS INFANTÍS E XUVENÍS DE FIN DE CURSO 2026
20 DE XUÑO FESTA NATACIÓN BEBÉS NO SEU HORARIO DE CLASE HABITUAL acompañados por 2 persoas adultas que saiban nadar 27 DE XUÑO • 1ª INFANCIA: grupos de luns, martes, mércores e xoves FESTA DE 10:00 A 10:45 h, acompañados/as dunha persoa adulta que saiba nadar • 1ª INFANCIA: grupos de venres e sábado FESTA DE 10:45 A 11:30 h., acompañados/as dunha persoa adulta que saiba nadar • INICIACION INFANTIL: grupos de luns e xoves FESTA DE 11:30 a 12:15 h. • INICIACION INFANTIL: grupos de martes, mércores e venres FESTA DE 12:15 a 13:00 • PERFECCIONAMENTO INFANTIL E XUVENIL FESTA DE 13:00 a 13:45 + INFORMACIÓN Piscina municipal de Centieiras: 981 34 43 41
DEPORTES Ver +
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707