AVISO IMPORTANTE !!
25/05/2026

PECHE TEMPORAL E PARCIAL DA PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS

Infórmase a todos/as os/as usuarios e usuarias que a Piscina Municipal permanecerá parcialmente pechada desde hoxe por mor dunha avaría nas instalacións. O peche manterase ata novo aviso (previsión inicial dúas semanas), mentres non se poida rematar a reparación.
Debido a esta incidencia técnica, o uso da instalación sufrirá as seguintes modificacións:
• Zona de auga: Pechada por completo.
• Servizo e actividades dirixidas no Ximnasio e Pilates: Permanece ABERTO e poderá usarse con normalidade.
• Vestiarios e duchas: NON se poderán utilizar as duchas.
• Actividades dirixidas de auga: Quedan suspendidas, esperamos poder recuperar as clases logo da reapertura da instalación.
Lamentamos os inconvenientes causados e agradecemos a súa comprensión e colaboración. Traballamos para solucionar a avaría o antes posible.
FOTOS
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707