DeporXest
Servizo:
Data Inicio:
Data Fin:
Texto:
Data Titular Texto Servizo
30/05/2024 RESERVA DE PRAZAS CURSO 24/25 (ESCOLAS DEPORTIVAS DA PISCINA, PAVILLÓN A XUNQUEIRA, O OUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS)
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO • DE LUNS A VENRES 08:30 A 14:00 H. • MÉRCORES DO MES DE XUÑO.- 16:00 A 19:00 H. RESERVA DE PRAZAS PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS DA PISCINA, PAVILLÓNS, KÁRATE E JUDO CURSO 24/25. Documentación a presentar • Carné de usuario/a • Para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegar un recibo do banco co IBAN e os 20 díxitos da conta. NORMATIVA XERAL Todo o alumnado matriculado no mes de xuño (que non teña cotas pendentes de pagamento deste curso ou cursos anteriores), poderá facela reserva de praza na escola na que estaba matriculado no mesmo grupo e no mesmo horario no que estiveron durante o presente curso, agás aqueles que por idade ou por nivel cambien de grupo, neste caso terá que escoller novo horario. As persoas que o desexen poderán facer a reserva de tódalas persoas integrantes da súa unidade familiar (sempre que sexan alumnado de escolas deportivas durante o mes de xuño) e de dúas persoas alleas á mesma (sempre e cando estas dúas persoas non vaian a domiciliar o pagamento, xa que para domiciliar é preciso que asine o titular da conta). Finalizado o prazo de reservas se non se formalizou a reserva, esas prazas quedarán libres para cambios solicitados no período de reserva, ou para novas altas no período de matriculación no mes de setembro. PAGAMENTO DE COTAS RENOVACIÓN MENSUAL: Os/As usuarios/as que opten por esta modalidade de pagamento terán que pagar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro. Deberán retirar o recibo no pavillón A Xunqueira nas mencionadas datas. DOMICILIACIÓN BANCARIA: Para domiciliar o pagamento, que será trimestral, haberá que cubrir a orde de domiciliación bancaria, o que implicará a matriculación na actividade para o curso 24/25. No caso de tramitar a baixa terán que facelo antes do comezo do curso, o 1 de outubro.
DEPORTES Ver +
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707