DeporXest
PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS
Servizo: DEPORTES
Ubicación:
Dirección:
RUA DO MEDIO S/N,
CP: 15500. PERLÍO, FENE (A CORUÑA)
Teléfonos: 981.344.341 (Control)
Emails: pavillon.xunqueira@fene.gal

PARÁMETROS DE CALIDADE DO AUGA E AMBENTE (23/04/2024 08:39:50)
Nivel desinfectante residual (mg/l) PH Cloro combinado Turbidez Transparencia Tempo recirculación(h) CO2 Temp. auga (Cº) Temp. ambental (Cº) Humidade relativa (%)
1,1900 7,3500 0,2100 0,2200 si 4,0000 157,0000 29,0000 30,0000 57,0000
0,5 – 2,0 Cl2 7,2 – 8,0 <0,6 Cl2 <5 M .500 ppm 24-30 Cº >1º t. auga <65
ACTIVIDADES
HORARIOS
Nome Meses Días Horas
XENEIRO-XUÑO SEMANAL MAÑANA (01/01, 30/06) Luns, Martes, Mércores, Xoves, Venres 09:00 - 13:30
XANEIRO-XUÑO SEMANAL TARDE (01/01, 30/06) Luns, Martes, Mércores, Xoves, Venres 16:00 - 22:00
XANEIRO-XUÑO SABADOS TARDE (01/01, 30/06) Sábado 17:00 - 20:00
XANEIRO-XUÑO SAB E DOMINGOS MAÑA (01/01, 30/06) Sábado, Domingo 09:15 - 13:00
XULLO (01/07, 16/07) Luns, Martes, Mércores, Xoves, Venres, Sábado 09:00 - 13:30
SETEMBRO LUNS A VENRES (01/09, 30/09) Luns, Martes, Mércores, Xoves, Venres 17:00 - 22:00
SETEMBRO SABADOS (01/09, 30/09) Sábado 17:00 - 20:30
OUTUBRO-DECEMBRO SEMANAL MAÑANA (01/10, 31/12) Luns, Martes, Mércores, Xoves, Venres 09:00 - 13:30
OUTUBRO-DECEMBRO SEMANAL TARDE (01/10, 31/12) Luns, Martes, Mércores, Xoves, Venres 16:00 - 22:00
OUTUBRO-DECEMBRO SABADOS TARDE (01/10, 31/12) Sábado 17:00 - 20:00
OUTUBRO-DECEMBRO SAB E DOMINGOS MAÑA (01/10, 31/12) Sábado, Domingo 09:15 - 13:00
UNIDADES
Tipo Nome Capacidade
RUA RUA 1 6
RUA RUA 2 6
RUA RUA 3 6
RUA RUA 4 6
RUA RUA 5 6
RUA RUA 6 6
MULTIFUNCIONAL XIMNASIO DE MUSCULACIÓN 12
Nome Usuarios Minutos Importe
BONO DEPORTE 24 SESIONS MENOR 18 ANOS 36,60 €
BONO DEPORTE 24 SESIONS MAIOR 18 ANOS 54,80 €
BONO DEPORTE 24 SESIÓNS MAIOR 65 ANOS 46,30 €
BONO DEPORTE 32 SESIONS 60,90 €
BONO DEPORTE 48 SESIONS MAIOR 18 ANOS 94,00 €
BONO DEPORTE 48 SESIÓNS MAIOR 65 ANOS 75,25 €
BONO DEPORTE 48 SESIONS MENOR 18 ANOS 62,65 €
BONO DEPORTE 8 SESIONS MAIOR 18 ANOS 20,85 €
BONO DEPORTE 8 SESIONS MAIOR 65 ANOS 16,65 €
BONO DEPORTE 8 SESIONS MENOR 18 ANOS 13,90 €
BONO DEPORTE 96 SESIONS MAIOR 18 ANOS 141,05 €
BONO DEPORTE 96 SESIÓNS MAIOR 65 ANOS 112,80 €
BONO DEPORTE 96 SESIONS MENOR 18 ANOS 94,00 €
ENTRADA USO LIBRE INSTALACION 3 IDADE 2,60 €
ENTRADA USO LIBRE INSTALACION INFANTIL XUVENIL 2,20 €
ENTRADA USO LIBRE INSTALACION ADULTO 3,25 €
PISCINA AL. RUA EXC. 1 SESION 45 MIN. CATG BASE CLUB FENE 45 6,80 €
PISCINA AL. RUA EN EXC. 1 SESION 45 MIN. CATG. SENIOR 45 16,30 €
PISCINA AL. RUA EXC. 1 SESION 45 MIN. CATG. BASE FORA FENE 45 9,80 €
PISCINA AL. RUA EXC. 1 SESION 45 MIN. CATG. SENIOR CLUB FENE 45 11,40 €
INFORMACIÓN
PISCINA CLIMATIZADA DOTADA DOS SEGUINTES SERVIZOS:
VASO DE INICIACIÓN DE 25 METROS X 12,5
XIMNASIO CON APARELLOS PARA O USO LIBRE DOS USUARIOS MEDIANTE COMPRA DE ENTRADA OU BONO DEPORTE.
CAFETERÍA NA PARTE SUPERIOR
DUAS SAUNAS.
ACTIVIDADES E FORMAS DE USO DA INSTALACIÓN.
INSCRICIÓN A CURSOS: NATACIÓN BEBES, NAT. 1ª INFANCIA, INICIACIÓN INFANTIL, PERFECCIONAMENTO, PERF. XUVENIL, INICIACIÓN ADULTOS, PERF. ADULTOS, NATACIÓN TERAPÉUTICA, NAT. 3ª IDADE, AQUAGYM, ORGANIZADOS ANUALMENTE POLO CONCELLO.
ALUGUEIRO DE RÚAS POR PARTICULARES OU SOCIEDADES.
UTILIZACIÓN LIBRE MEDIANTE A COMPRA DE ENTRADA OU O BONO DEPORTE.
bono deporte.
QUE É O BONO DEPORTE?
É un bono cuxa finalidade está na de achegar as instalacións deportivas municipais á poboación en xeral, procurando facilitar a práctica deportiva individual sen monitor, así en cada uso a persoa terá dereito á entrada ás instalacións deportivas municipais cubertas (piscina de Centieiras e pavillón A Xunqueira) de acordo co seguinte réxime, sempre dependendo da dispoñibilidade da instalación a utilizar.
Pavillón polideportivo da Xunqueira: ximnasio e sauna.
Piscina municipal de Centieiras: baño libre, utilización do ximnasio e sauna.
O bono regúlase polo número de usos independentemente do tempo que tarden en rematarse, deste modo as persoas que non o esgotaran durante a tempada o poderán seguir utilizando durante a tempada seguinte previo pagamento da parte proporcional da actualización do custe do bono se houbera cambio de tarifas na ordenanza fiscal aplicable.
A utilización de aparellos ximnásticos estará limitada para persoas maiores de idade ou menores acompañados por adultos, que exercerán a supervisión dos mesmos, baixo declaración xurada de que están en perfectas condicións físicas para a práctica da actividade a realizar nas instalacións deportivas municipais.
O concello de Fene non se fará responsable das perdas ou extravíos dos bonos expedidos.
HORARIOS DE UTILIZACIÓN
PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS
Ximnasio: Durante todo o horario de apertura da instalación.
Nado libre: Segundo o planing de nado libre, cando haxa rúas libres e o aforo das mesmas o permita .
Sauna: Mañás durante todo o período de apertura
Tardes: de luns a venres a partir das 19:00 h.
Sábado tarde de 17:00 a 20:00 h.
Domingo: 10:00 a 13:00 h.
Cando se faga utilización de varios servizos no mesmo uso a entrada no vaso da piscina sempre terá que coincidir cunha franxa horaria do planing de ocupación do vaso nunca polo medio da mesma.
PAVILLÓN A XUNQUEIRA
Ximnasio musculación:
Mañás.- de luns a venres de 11:00 a 13:30
Tardes.- de luns a venres de 16:00 a 23:00 h. menos os martes
PREZOS E TARIFAS DURANTE O CURSO ACTUAL (ver táboa Baño Libre)
Onde o podes mercar?
Nas dependencias administrativas do pavillón A Xunqueira en xornada de mañá de 08:30 a 14:30 horas e tamén todos os mércores pola tarde de 16:00 a 19:00 h.
Bonificacións e descontos
Os usuarios/as matriculados nas Escolas Deportivas Municipais da piscina ou do pavillón da Xunqueira que queiran complementar a actividade dirixida coa utilización libre, poderán acollerse, segundo a ordenanza fiscal en vigor a unha bonificación dun 20 % sobre o prezo do bono.
CONSELLOS PRÁCTICOS, E INFORMACIÓN SOBRE A SAUNA
Pasos a seguir:
A temperatura da sauna oscilará entre 80 e 90 graos para persoas sen problemas de saúde.
Dúchate con auga templada e entra na sauna coa pel limpa e mollada, permanece no interior durante un espazo de entre 10 a 15 minutos até que empeces a suar, sal da sauna e dúchate en auga fría. Volve a entrar na mesma e permanece por un tempo de 10 minutos, volve a saír e tómate outra ducha de auga fría.
Ao volver a entrar na sauna permanece dentro por un espazo de 5 min. Sae e tómate unha ducha de auga fría frotándote ben para quitar impurezas e células mortas. Abrígate ben e recupérate lentamente, xa que a baixada da tensión enlentece os teus movementos. Non fagas movementos bruscos e hidrátate tomando pequenos sorbos de auga.
É aconsellable entrar na sauna sempre transcorrida unha hora despois da derradeira comida.
Durante a sesión non beba líquidos xa que non se producirá a desintoxicación corporal.
Non faga exercicios de ximnasia dentro da sauna nin se dedique a conversar en exceso xa que se cargan a respiración e a circulación.
Non se duche logo da sauna con auga quente, fágao con auga templada.
Beneficios:
Elimina toxinas, aumenta as defensas, abre os poros e elimina do corpo metais pesados, tamén elimina alcohol, nicotina, sodio e combate o colesterol. Aínda que tamén se perden minerais que podemos recuperar cunha bebida isotónica, pódese chegar a perder un total de 2 litros de auga xunto coas toxinas que eliminamos.
A sauna ten un efecto desestresante porque libera endorfinas, mellora a función cardiovascular, xa que dilata os vasos capilares e obriga ao corazón a bombear con máis forza para manter a presión sanguínea.
Mellora a respiración: está comprobado que pacientes con afeccións pulmonares obstrutivas teñen unha mellora transitoria das súas funcións pulmonares. Exerce un efecto positivo sobre o sistema locomotor aliviando a dor da artrite, axuda en xeral a minorizar a celulite, adiposidades, torceduras, neuralxias, bursite, rixidez articular etc. En xeral doenzas ósteo-musculares.
Precaucións no uso da sauna:
En persoas con problemas cardiovasculares a temperatura máxima ideal para tomar o baño e sauna será de 65 º, sempre e cando a súa doenza lles permita poder tomalo. Recoméndase consultalo co seu médico.
UTILIZACIÓN DOS XIMNASIOS E ZONAS COMÚNS
O usuario/a atenderá as instrucións do persoal a cargo da instalación que lles indicará o vestiario e informará presencial ou telefonicamente a dispoñibilidade da zona a utilizar, ximnasio, sauna ou vaso.
Vostede poderá reservar telefonicamente se así o desexa espazo de uso en día e hora determinado, comunicando o seu número de bono, o que implica asistencia obrigatoria.
O material situado nos ximnasios está a súa enteira disposición para a práctica deportiva que fará por conta e risco, xa que non hai supervisión de monitor, e o concello de Fene non se responsabiliza das posibles lesións deportivas que poida sufrir pola mala utilización do mesmo.
Sexa coidadoso cos aparatos de musculación, e faga bo uso do material, recollendo o mesmo unha vez utilizado, xa que despois de vostede haberá mais persoas que queiran facer uso del.
Utilización do vaso da piscina: O uso do vaso da piscina farase atendendo as instrucións do persoal técnico situado no interior “SOCORRISTA”, a quen lle poderá solicitar o material preciso para facer a actividade desexada.
Para entrar na zona de baño é obrigatorio o uso de gorro de baño, bañador e chanclas.

FOTOS
Concello de Fene | Praza do Alcalde Ramón Souto González, s/n, 15500, Fene, (A Coruña) | Email: correo@fene.gal | Teléfono: 981 492 707